Thu. Dec 5th, 2019

Host your Website

Read and learn

FatCow Web Hosting $1.00/mo* Trust your web hosting to the #1 web host provider, GoDaddy!

Centos de persoas enchen a Ferraría de paraugas polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

1 min read



PONTEVEDRA. Máis de 80 entidades galegas celebraron hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. En Pontevedra, centos de estudantes uníronse á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” e conseguiron encher a Praza da Ferraría de cor e de moita alegría.

Hoxe saíu o sol na capital da provincia. Sen embargo, os paraugas foron os protagonistas da xornada. Centos de estudantes encheron de cor a Praza da Ferraría para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. E aquí, eles demostraron que, a pesares de ser tan distintos, todos vivimos “Baixo o mesmo paraugas”.

Reais ou pintados, todos os paraugas servían hoxe para defender os dereitos da sociedade. Dereitos que deberían ser iguais para cada un de nós.

Este acto foi organizado polo colectivo Amizade, en colaboración con Amencer-Aspace, Down Pontevedra, Xoga, Asseii, Juan XXIII e a Asociación das persoas xordas da cidade. Ademais, o evento contou coa participación de centos de estudantes de infantil e primaria de toda a Boa Vila.

Copyright © All rights reserved. | Newsphere by AF themes.